A decepción ten un distinto sabor en cada boca. Non o dubides. A que sabe? Pois non o sei, sopoño que amarga..como todos os "sentimentos" feos de hoxe en día. Debe ser como tomar unha tónica sen ganas, cando non a esperas, como se alguen quixese que botaras todo fora aínda cando ti non tes ningun malestar. É iso, facer dunha situación bonita algo que xa non che faga tanta gracia.
De que falo?
Falo de ter que gardar as apariencias, para non incomodar a ninguen, facer como se nada pasara cando pasa algo, como se toda a tua vida dependera do resto. Vamos, falasme cando eu quero, non cando ti queres. Non depende dunha mesma, non lle queres facer dano a ninguen e esqueceste de que danas o máis importante, danaste a ti mesma, por respeto, cariño ou por medo.
O medo é unha merda por certo, impídeche facer algo, o medo é de cobardes. Pero non nos damos conta de que a propia situación temeche máis a ti que ti a ela (si, como se dun can se tratara). O medo tan so te levará a arrepentirte de algo que non fixeches, a fin de contas non eran tanto como o pintabas naquel momento, magnificas todo, si.
E volvendo o tema que me vou polas pólas... a peor decepción sempre será aquela que non esperas, e o que máis che doe e que a xente que te quere prefira non verte feliz... pero de verdade esa xente te quere? como? Todo é moi estraño, as veces o único que queres é que por unha vez alguen se alegre por ti.
Se feliz un instante e ese instante será a tua vida. (Pero se non hai con quen compartir a felicidade de que che sirve ser feliz?)
Estou magnificando todo novamente, pero son cousas que pasan... É mellor plantexarse moitas cousas antes de facerte pasar por amigo... non confundir cousas non? Non sei, outra espiña que tiña clavada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
Aru, ¿sabes que serías unha perfecta filósofa ou algo parecido? Rómpeste moito a cabeza e daslle moitas voltas ás cousas XDD
E bueno, que tes razón no que dis, conste, as "traizóns" que non se esperan son as peores.
¡Bikos e gracias de novo polo pésame! xD
Publicar un comentario