miércoles 27 de agosto de 2008

E chega un momento no que te das conta de que calquera cousa que ti fagas vaille facer mal a alguen, calquera dos dous camiños será perxudicial. Dará igual o boas que sexan as tuas intencions. Todo, absolutamente todo, é un arma de doble filo.

Aquelo que de repente che quita un sorriso é o mesmo que un minuto máis tarde te inunda de tristeza.

Igual non podes manexar todo. Igual é máis sinxelo deixarse levar e punto. Por moi mal que quede, por moi egoista que pareza.Polo que doe ver que defraudas a alguen.

Defraudar a alguen. Nisto non doe o simple feito de fallar, doe moito máis que unha persoa que un día esperou algo de ti, alguen que para ti é moi grande, deixa de ter esas ideas e de esperar nada, para convertirse tan so nun coñecido máis. Sentir que non podes facer nada é como unha pequena espiña nesa parte do corazon que ocupaba esa persona.

Sopoño que a xente espera demasiado de ti. Tranquila, afortunadamente iso gañachelo ti co tempo. Ao fin e ao cabo non podes comprar o alto que unha persona te sube na sua vida, o que espera de ti..

Canto mais esperas de alguen, antes te defraudará. Teno claro, podes seguir sorrindo ao coñecer xente que vale a pena, que merece que confies nela, que non te quere defraudar, ou deixar de fiarte da xente, e seguir así a monotonía dos días, con malas caras, e baleiro de toda empatía.

Eu sempre dixen que prefiro mil veces que me defrauden a defraudar. Si, tamén niso son unha egoista.

0 individuos barullaron: