miércoles, 23 de abril de 2008
O sal
Todo pode chegar a empalagar, ata o máis doce.
Pero o sal nunca che deixará un sabor doce.
O sal é salgado, vai na súa natureza.
Polo tanto non intentes cambiar a natureza das cousas, todas as accións do home que se volcaron en cambiar a natureza de algo rematou en catástrofe ou aínda rematará.
O que é, é. E non sabemos o que sería se non fora.
E se a ti non che gusta o sal bótalle azucre, así rebaixaralo, pero non é que o sal cambiara, eres ti a que te acomodas a ese sabor, ou optas por ocultar o sabor salgado, pero o teu organismo notaráo igual.
O sal con azucre rematará por ser gustoso mais será peor de dixerir.
O sal da moita sede. Agora buscamos o doce. Doce meses, doce rosas, doces
Todo nas cantidades oportunas.
martes, 15 de abril de 2008
Que é o que nos fai cambiar de lingua?
O problema é que de escoitar falara a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido, Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Eu escoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escoito que aínda non comprendo como Quilómetro, Enciclopedia ou Empanada de xoubas.
O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña, que ya despertó, ya despertastes, Clara? E eu sei que Clara son eu, mais aínda non sei por que me chama Mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo, está falando coa avoa e di A nena debe de ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? E eu abro moito os ollos, intentando comprender que pasa aquí.
É unha situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de forma de falar. (...)
Este é un fragmento que atopei un día mirando blogs, correspondese cun anaco do libro de Séchu Sende, Made in Galiza
Ben, non vou entrar a debatir sobre política, é tan so unha manía miña. Unha pregunta que me fago sempre cal é a razón pola que a xente cambia de idioma, en distintas situacións pero na mesma comunidade,cidade, vila...
Non entendo o que leva á xente a escribir en castelán, cando saben que a outra persona entende perfectamente o galego, e non creo o de que o galego é a lingua que solo fala o pobo e sexa para distinguir clases sociais, opino que neste momento, entre rapaces de 17 a 25 anos non existe iso.
A túa vida desenvolvela en galego, e sen embargo contala nun fotolog en castelán? non penso que sexa tan nacional ou internacional como para que quen o mire non o entenda. Ou será que o fotolog non entende o galego?...
Non sei, igual son eu a inculta e groseira por falarlle en galego a todo canto coruñés me ven falando en castelán, non me considero así, eles pensarano.
Non entendo porque no msn en castelan e a tua vida en galego.
Ou, como no relato, educar ao teu fillo en castelán.. esa vai ser a súa lingua nai? en realidade el está aprendendo o galego se ti falas en galego no ámbito familiar.
E hoxe por hoxe sorrío cando escoito a un neno de 4 anos falar en galego, e a un pai ensinarlle a falalo.
Eu ríome cando alguen está falando en galego conmigo e, de repente, para falar con outra persona, que entende perfectamente o galego, cambia para o castelán.
Aquí non me refiro a falarlle en castelán á xente que sabes que non entende o galego, por moi absurda que me sinta, eso é a educación para min, é obvio.
Tampouco entendo a maneira de defender un idioma sen falalo, por moito que o sintas no teu corazón...
Hai tantas cousas que un non entende..simplemente porque a raza humana complícase demasiado entre eles, podese considerar rara, ás veces simple...
domingo, 13 de abril de 2008
Comezamos..
Pois direi que todo comezou con un soño, non sei moi ben como explicalo. Un día debín soñar que queimaba azucre, ou que o azucre queimaba. Unhas desas noites que tes centos de cousas na cabeza, e soñas a parvada máis grande. Sopoñome que sería algo así, porque cando espertei veuseme á cabeza qué pasaría se se queimase azucre. Sería ver algo moi doce ardendo. Nunha persoa sería algo así como, que detras do máis meloso personaxe, ou do máis ñoño, se escondera unha paixón incontrolable. Todos algún día chegamos a arder non?. Sempre hai algo polo que arder, algo que fai que ata o azucre arda. Creo que todos temos unha parte así.
Comezarei así logo, porque a maioría de todos os proxectos comezan con un soño. Certo é que igual este blog non ten nada que ver cos soños, solo digo que eu son bastante soñadora. E por se aínda non me coñecedes direi que son unha paranoica.
Xa irei poñendo o que se me ocorra, de momento non sei moi ben que trazas levará isto.
Non mancarse.
