martes, 18 de noviembre de 2008
MUDANZA
::: A Q U Í :::
Jojo.... a diferencia será ..ningunha!jaja! as mesmas toleadas e barrenes de smpre pero en quegrande.org !!jj! :D
Un bico grande a todos
lunes, 17 de noviembre de 2008
Gastando palabras
Nesto do sentir hai que ser moi precavido, medir as palabras, para que un día non digas as palabras quedanse cortas... iso pasa se dis un "qérote" cando querías decir simplemente "estou ben contigo".
Palabras enormes usadas en contextos cativos non collen.
Evidente é que cada un sinte á sua maneira, pero as veces hai que botar man da cabeza para entender o corazón, así aforramos arrepentimentos.
Podo decir que son un pouco máis feliz que onte, pero algo menos que mañá.
Algún día vos atoparedes con que esas palabras pillan auga e non atoparedes outras á man e tocará mollarse.. e acatarrarse.
domingo, 26 de octubre de 2008
Vivir
Darlle a razon á xente á que un dia lla quitaches.
Fallaches.
Coñecete a ti mesma para poder coñecer ao resto.
lunes, 13 de octubre de 2008
Óxido
Hai óxido que nin a cocacola quita.
O tempo é sabio, e oxida todo aquelo que non está destinado a perdurar no tempo. Podes ir tratando ese óxido pouco a pouco, pero o que non está de ser non é, e a peza oxidada rematará por convertirse en pó.
O tempo trata igual aos metais que ás personas. O tempo oxida aquelas amizades que non están destinadas a ser eternas. Todo é eterno mentres dura, sí. Será que as amizades e os metais semellanse. Solo aguantan o paso do tempo os metais nobres. Amizades nobres. Nobre amizade.
viernes, 5 de septiembre de 2008
mellorar?
Cando algo mellora, mellora para empeorar.
Cando dixen que quería algo distinto non me refería a que TODO fora distinto...solo quería cambiar nalgun aspecto..pero a cousa debeuseme ir das mans...ou...en fin, quen sabe, pasaría porque tiña que pasar.
De todas formas as cousas que pasan sen máis, doen igualmente...ou máis!
domingo, 31 de agosto de 2008
Egoismo vs felicidade
"Eu se vira a un amigo feliz sería feliz, e alegraríame por el aínda que me gustara que esa felicidade lla puidese dar eu"
Pode sonar ata hipócrita, pero é certo, debo ser demasiado tonta.. pero alegrome cando alguen triunfa...non teño capacidade de liderazgo nin competitividade, vale, e que?
Dandome conta de que se no teu curriculum pos "competitivo", conseguirás entrar antes que se pos "boa persona".
Algo que nunca cambiará...unha boa acción borra mil das malas...unha mala acción borra todas as boas...triste pero certo..."dime que cojones se valora?"
E isto aplicase sempre, sempre e sempre
O sabor da decepción
De que falo?
Falo de ter que gardar as apariencias, para non incomodar a ninguen, facer como se nada pasara cando pasa algo, como se toda a tua vida dependera do resto. Vamos, falasme cando eu quero, non cando ti queres. Non depende dunha mesma, non lle queres facer dano a ninguen e esqueceste de que danas o máis importante, danaste a ti mesma, por respeto, cariño ou por medo.
O medo é unha merda por certo, impídeche facer algo, o medo é de cobardes. Pero non nos damos conta de que a propia situación temeche máis a ti que ti a ela (si, como se dun can se tratara). O medo tan so te levará a arrepentirte de algo que non fixeches, a fin de contas non eran tanto como o pintabas naquel momento, magnificas todo, si.
E volvendo o tema que me vou polas pólas... a peor decepción sempre será aquela que non esperas, e o que máis che doe e que a xente que te quere prefira non verte feliz... pero de verdade esa xente te quere? como? Todo é moi estraño, as veces o único que queres é que por unha vez alguen se alegre por ti.
Se feliz un instante e ese instante será a tua vida. (Pero se non hai con quen compartir a felicidade de que che sirve ser feliz?)
Estou magnificando todo novamente, pero son cousas que pasan... É mellor plantexarse moitas cousas antes de facerte pasar por amigo... non confundir cousas non? Non sei, outra espiña que tiña clavada.
miércoles, 27 de agosto de 2008
Aquelo que de repente che quita un sorriso é o mesmo que un minuto máis tarde te inunda de tristeza.
Igual non podes manexar todo. Igual é máis sinxelo deixarse levar e punto. Por moi mal que quede, por moi egoista que pareza.Polo que doe ver que defraudas a alguen.
Defraudar a alguen. Nisto non doe o simple feito de fallar, doe moito máis que unha persoa que un día esperou algo de ti, alguen que para ti é moi grande, deixa de ter esas ideas e de esperar nada, para convertirse tan so nun coñecido máis. Sentir que non podes facer nada é como unha pequena espiña nesa parte do corazon que ocupaba esa persona.
Sopoño que a xente espera demasiado de ti. Tranquila, afortunadamente iso gañachelo ti co tempo. Ao fin e ao cabo non podes comprar o alto que unha persona te sube na sua vida, o que espera de ti..
Canto mais esperas de alguen, antes te defraudará. Teno claro, podes seguir sorrindo ao coñecer xente que vale a pena, que merece que confies nela, que non te quere defraudar, ou deixar de fiarte da xente, e seguir así a monotonía dos días, con malas caras, e baleiro de toda empatía.
Eu sempre dixen que prefiro mil veces que me defrauden a defraudar. Si, tamén niso son unha egoista.
domingo, 17 de agosto de 2008
La bruja de Portobello

“Para mí, el amor lo llena todo. No puede ser deseado, porque es un fin en sí mismo. No puede engañar, porque no está relacionado con la posesión. No puede estar encarcelado, porque es como un río, y se desbordará. El que intente encarcelar el amor tiene que cortar la fuente que lo alimenta, y en ese caso, el agua que ha conseguido juntar acabará estancada y podrida.”
“El amor no es un hábito, un compromiso, ni una deuda. No es lo que nos dicen las canciones románticas; el amor es. Es ése el testamento de Athena: el amor es. Sin definiciones. Ama y no preguntes demasiado. Sólo ama.”
Quizais a mellor definición que atopei para algo totalmente indefinible, algo tan grande e finito que parece irrisorio tentar definilo. Algo que é e punto. Sempre me gustaron os libros que che deixan pensando un pouquiño e che fan quitar grandes conclusións. "La bruja de Portobello" un libro que che pode axudar a crer máis en tí mesmo, ou acabar cuestionandoo todo. Recomendable. Si, pensaredes que un libro que che fai chegar a esas cousas é o típico para xente con baixa autoestima...pero non dixen que fora un libro de autoaxuda. Dos feitos dos outros tamen se pode aprender, sen sair escaldado.
lunes, 9 de junio de 2008
sábado, 7 de junio de 2008
Sen palabras..
Xa, xa sei que ando algo embobada con Nach, pero buff, non me canso de ver este video, a capacidade de improvisación é increible, e cada vez que o vexo poñenseme os pelos de punta.
E o programa en sí, encantame.
Improvisación Nach e Ismael Serrano en No disparen al pianista.
miércoles, 4 de junio de 2008
Empatía dun neno
Modo : Esperando á cola para subir ao bus.
Hoxe sorprendeume un neno.
Os nenos sempre sorprenden, pero dinme conta de que deberiamos aprender moito deles.
Estando nas condicións arribas indicadas, diante de min habia unha muller co seu fillo que tería 6 anos.
O neno ollaba todo o que habia ao seu redor. E falaba con sua nai.
Enton agarrouna pola man e tirou por ela e sinalou ao outro lado da rúa. Había unha estructura de cemento (podería decir rollo, movida ou chisme, é que non sei moi ben para que sirven, deben ser de adorno) tirada no chan e partida á metade. "Mira mamá, que pena". E o neno puxo cara de pena, entristeceuse, en serio. "¿Quien lo habrá tirado y roto?". Quedeime abraiada, porque nós non lle damos importancia ao "vandalismo"(?¿), e sen embargo un neno, con 6 anos, sorprendese e sinte empatía co que lle rodea.
Claro que nós xa levamos visto máis cousas e estamos "curados de espanto", pero con isto tamen perdimos a empatía co que nos rodea. E iso chega a ser preocupante. Neste caso é algo artificial, pero podería perfectamente ser algo natural, unha "estructura natural". Sopoño que nos falta algo de conciencia...
O neno sorprendeuse con "aquela desorde" e a min sorprendeume como a desorde pasa inadvertida en moitos de nós. Vemos a desorde coma orde, e así non facemos nada, porque pensamos que "está ben".
martes, 3 de junio de 2008
Creo que esquezo algo
Tan só era outra vez máis,
outra desas veces que sintes que esqueciches algo,
intentas memorizar unha por unha o que acostumabas a meter nesa maleta,
o trato que tiñas coa xente,
a maneira na que comezabas a falar con elas sen máis,
as verbas surxian de ti sen nin sequera pensalo.
Pero non o lembras,
e non te das conta de porque segue en ti esa sensación de “creo que esquezo algo”,
actuas como de costume, pero algo falla,
antes habia confianza, con ela era todo máis sinxelo,
a maleta estaba completa.
A confianza basase no respeto,
se perdes o respeto enton acabas de matar á mismisima confianza.
Non esqueciches nada, tan solo cambiaches unha cousa por outra,
o respeto polo rencor, así de simple. Pero a confianza non funciona co rencor.
lunes, 2 de junio de 2008
El amor viene y va
Simplemente, tremendas letras, solo con ler isto xa sinto algo e ao escoitalo estremeceseme a pel,
[...]
hasta que un hada aparecio de repente en mi mente iluminando un corazon inerte me hablo y me dijo que el nunca se va para siempre que el amor camina libre como el alma de la gente que no entiende de añoranzas ni lamentos que solo vuelve cuando siente que llego el momento ahora se que el amor fuera de nosotros solo es viento necesita de un cuerpo donde hallar cobijo y tiempo para madurar
en estos tiempos de huida el amor viene y va
cuando todo esta perdido otra luz vendra
matara el frio sombrio de la soledad
en estos tiempos de huida el amor viene y va
cuando todo esta perdido otra luz vendra
matara el frio sombrio de la soledad
sin amor no hay futuro[...]
nach, viendo como el amor va, vuelve y se desvanece...
si, el amor viene y va[...]
Dixen que sería un discazo, e non me defraudou, eu diría que me sorprendeu gratamente. E certamente, o amor ven e vai...e quen o pode parar..e quen quere paralo? ninguen, porque é o que nos fai sentir, e sentir fainos ser.
lunes, 26 de mayo de 2008
Mírate
Sentirte unha merda quere decir que eres unha merda?
Solamente se non fas nada por cambiar ese sentimento. Segueste sentindo así?Entón recoñezocho, eres unha merda.
.....अरसली.....
Desafogando..
Non sei, fastidiame bastante decepcionar á xente. E moito máis cando se podia ter evitado, pero agora xa foi, e non hai maneira de recuar.
E que? De que sirve pasar unha ou máis cousas que che parece mal da xente, se cando ti tes un erro ninguen che vai pasar unha.
Onde quedou o "hoxe por ti, e mañá por min". Nada diso, hoxe por min e mañá se cadra tamén por min. E punto. Egoísmo? pois debe ser eso. Pero esto cada vez vai a peor...
E hai cousas que non entendes, que algún día entenderás, entenderei.
Pero entendeme ti a min, botas bágoas por alguen que che importa e non te paras a pensar se ese alguen as botaría por ti.
Choras porque queres chorar, hai cousas na que "as bágoas de crocodilo" non funcionan, non existen, e enton daste conta de que choras de verdade, as bágoas non pensan se teñen que sair ou non, se é o seu momento. Saen e punto. Non as podes parar.
A xente que che importa mídese por bágoas? pois non digo que non. Quitalle un xoguete a un neno e chorará por el ata que llo des. Pero as bágoas dese neno son de rabia, é o seu orgullo por quitarlle o que era seu.
As amizades/personas non son xoguetes. Son xoguetes as accións que te levan a perder á xente.
O que non chora non mama.Pode ser...
De todos modos, hai algo que non volve, a flecha lanzada, a oportunidade perdida e a palabra dita.
Cal é o sabor das bágoas? salgadas. Por moi doce que sexa a túa intención.
lunes, 19 de mayo de 2008
[]_Un día en suburbia_[]

Pois ese será o título do novo disco de Nach, que xa levo tempo agardando. Hoxe puxenme a argallar polo youtube e atopeime algo del e unhas cousas levaron a outras e acabeime enterando que este mes quitará disco.
Nach, un exemplo de mc, como se pode chegar a ser un grande entre os grandes sen facerse eco de polémica nin de nada, non fai falta ir contra ninguen para ter fama, tan solo é falar das cousas que cada un ve no seu día a día, as cousas que de verdade lle importan á xente. Podes falar do amor, da guerra, de odios, de temas graciosos sempre e cando os sepas tratar. E este tio sabeos tratar, sabe poñer xusto o punto en cada canción, o punto que che fai sentir algo, que che pon a pel de galiña, que se che dan a idea principal de cada tema dis "un tema do que non hai moito que quitar", pois ben, este home vai máis alá.
As suas cancions fixeronme rir, chorar, pensar, en definitiva, sentir, e eso para min é o que define ao rap. O que o diferencia do resto de estilos de música (e dentro deste estilo hai de todo..non vou nombrar a ninguen).
Hai música que é para oir e outra que é para escoitar cos 5 ou 6 sentidos. Algo máis que música.
E deste cd aínda non sei moito, solo sei que o comprarei, porque Nach nunca defrauda. Outra característica desto é que creo que a pirateria nunca lle vai afectar, tampouco estou totalmente dacordo co de que quitar cd é venderse. Vendense no sentido que pasan a formar parte dese mundillo que se marca a sgae, pero sinceramente, eu primeiro baixo un cd, se me gusta pois compro o cd e xa está. Preocupa a piratería aos artistuchos dos que solo queres unha canción porque é a que sona no momento e vanche facer comprar todo o cd..veña oh. O que vale, vale.
Tampouco sonará a comercial, porque eso vai en cada un. Hai quen con 19 anos quita disco en calquer discográfica e sendo o seu primeiro disco xa sona comercial e logo está aquí este grande, que agora está con Universal e mantén o seu estilo coma o primeiro día.
E neste novo cd contará con unha sección de corda da Orquesta Sinfónica de Madrid.
Deixovos un dos temas, que a min personalmente me deixou coa boca aberta, cunhas ganas tremendas de que salga á venda dunha vez.
Este hijo de puta es capaz de todo.
ni mas dulzura que el que sufre y luego cura su dolor
Manifiesto
Se vos interesa:
My Space Nach
miércoles, 23 de abril de 2008
O sal
Todo pode chegar a empalagar, ata o máis doce.
Pero o sal nunca che deixará un sabor doce.
O sal é salgado, vai na súa natureza.
Polo tanto non intentes cambiar a natureza das cousas, todas as accións do home que se volcaron en cambiar a natureza de algo rematou en catástrofe ou aínda rematará.
O que é, é. E non sabemos o que sería se non fora.
E se a ti non che gusta o sal bótalle azucre, así rebaixaralo, pero non é que o sal cambiara, eres ti a que te acomodas a ese sabor, ou optas por ocultar o sabor salgado, pero o teu organismo notaráo igual.
O sal con azucre rematará por ser gustoso mais será peor de dixerir.
O sal da moita sede. Agora buscamos o doce. Doce meses, doce rosas, doces
Todo nas cantidades oportunas.
martes, 15 de abril de 2008
Que é o que nos fai cambiar de lingua?
O problema é que de escoitar falara a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido, Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Eu escoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escoito que aínda non comprendo como Quilómetro, Enciclopedia ou Empanada de xoubas.
O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña, que ya despertó, ya despertastes, Clara? E eu sei que Clara son eu, mais aínda non sei por que me chama Mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo, está falando coa avoa e di A nena debe de ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? E eu abro moito os ollos, intentando comprender que pasa aquí.
É unha situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de forma de falar. (...)
Este é un fragmento que atopei un día mirando blogs, correspondese cun anaco do libro de Séchu Sende, Made in Galiza
Ben, non vou entrar a debatir sobre política, é tan so unha manía miña. Unha pregunta que me fago sempre cal é a razón pola que a xente cambia de idioma, en distintas situacións pero na mesma comunidade,cidade, vila...
Non entendo o que leva á xente a escribir en castelán, cando saben que a outra persona entende perfectamente o galego, e non creo o de que o galego é a lingua que solo fala o pobo e sexa para distinguir clases sociais, opino que neste momento, entre rapaces de 17 a 25 anos non existe iso.
A túa vida desenvolvela en galego, e sen embargo contala nun fotolog en castelán? non penso que sexa tan nacional ou internacional como para que quen o mire non o entenda. Ou será que o fotolog non entende o galego?...
Non sei, igual son eu a inculta e groseira por falarlle en galego a todo canto coruñés me ven falando en castelán, non me considero así, eles pensarano.
Non entendo porque no msn en castelan e a tua vida en galego.
Ou, como no relato, educar ao teu fillo en castelán.. esa vai ser a súa lingua nai? en realidade el está aprendendo o galego se ti falas en galego no ámbito familiar.
E hoxe por hoxe sorrío cando escoito a un neno de 4 anos falar en galego, e a un pai ensinarlle a falalo.
Eu ríome cando alguen está falando en galego conmigo e, de repente, para falar con outra persona, que entende perfectamente o galego, cambia para o castelán.
Aquí non me refiro a falarlle en castelán á xente que sabes que non entende o galego, por moi absurda que me sinta, eso é a educación para min, é obvio.
Tampouco entendo a maneira de defender un idioma sen falalo, por moito que o sintas no teu corazón...
Hai tantas cousas que un non entende..simplemente porque a raza humana complícase demasiado entre eles, podese considerar rara, ás veces simple...
domingo, 13 de abril de 2008
Comezamos..
Pois direi que todo comezou con un soño, non sei moi ben como explicalo. Un día debín soñar que queimaba azucre, ou que o azucre queimaba. Unhas desas noites que tes centos de cousas na cabeza, e soñas a parvada máis grande. Sopoñome que sería algo así, porque cando espertei veuseme á cabeza qué pasaría se se queimase azucre. Sería ver algo moi doce ardendo. Nunha persoa sería algo así como, que detras do máis meloso personaxe, ou do máis ñoño, se escondera unha paixón incontrolable. Todos algún día chegamos a arder non?. Sempre hai algo polo que arder, algo que fai que ata o azucre arda. Creo que todos temos unha parte así.
Comezarei así logo, porque a maioría de todos os proxectos comezan con un soño. Certo é que igual este blog non ten nada que ver cos soños, solo digo que eu son bastante soñadora. E por se aínda non me coñecedes direi que son unha paranoica.
Xa irei poñendo o que se me ocorra, de momento non sei moi ben que trazas levará isto.
Non mancarse.
