Jacinto Benavente
E nesa frase está todo. Porque? Pois porque as palabras gastanse, son como gomas de borrar ou zapatos ao andar, con moito uso rematan por ser inservibles. E son o que non son. A goma deixa de borrar, os zapatos de servir para camiñar e as palabras de ter significado. E se te quedas sen palabras que usas logo? Non te decatas que de feitos tampouco se pode vivir? Un feito vale mais que mil palabras, pero hai momentos que se os adornas con algunha palabra pode chegar a permanecer na tua cabeza eternamente. Se saturas todo con mil feitos ou con mil palabras será como se non tiveras dito/feito nada. As preguntas son eufemismos cando tratas de sentir algo, o que se pregunta xa non se sinte.
Nesto do sentir hai que ser moi precavido, medir as palabras, para que un día non digas as palabras quedanse cortas... iso pasa se dis un "qérote" cando querías decir simplemente "estou ben contigo".
Palabras enormes usadas en contextos cativos non collen.
Evidente é que cada un sinte á sua maneira, pero as veces hai que botar man da cabeza para entender o corazón, así aforramos arrepentimentos.
Podo decir que son un pouco máis feliz que onte, pero algo menos que mañá.
Algún día vos atoparedes con que esas palabras pillan auga e non atoparedes outras á man e tocará mollarse.. e acatarrarse.

No hay comentarios:
Publicar un comentario