miércoles, 4 de junio de 2008

Empatía dun neno

Situación : Parada de bus Elviña
Modo : Esperando á cola para subir ao bus.

Hoxe sorprendeume un neno.
Os nenos sempre sorprenden, pero dinme conta de que deberiamos aprender moito deles.
Estando nas condicións arribas indicadas, diante de min habia unha muller co seu fillo que tería 6 anos.
O neno ollaba todo o que habia ao seu redor. E falaba con sua nai.
Enton agarrouna pola man e tirou por ela e sinalou ao outro lado da rúa. Había unha estructura de cemento (podería decir rollo, movida ou chisme, é que non sei moi ben para que sirven, deben ser de adorno) tirada no chan e partida á metade. "Mira mamá, que pena". E o neno puxo cara de pena, entristeceuse, en serio. "¿Quien lo habrá tirado y roto?". Quedeime abraiada, porque nós non lle damos importancia ao "vandalismo"(?¿), e sen embargo un neno, con 6 anos, sorprendese e sinte empatía co que lle rodea.

Claro que nós xa levamos visto máis cousas e estamos "curados de espanto", pero con isto tamen perdimos a empatía co que nos rodea. E iso chega a ser preocupante. Neste caso é algo artificial, pero podería perfectamente ser algo natural, unha "estructura natural". Sopoño que nos falta algo de conciencia...








O neno sorprendeuse con "aquela desorde" e a min sorprendeume como a desorde pasa inadvertida en moitos de nós. Vemos a desorde coma orde, e así non facemos nada, porque pensamos que "está ben".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A miña sobriña tamén me pregunta cousas que moitas veces pasan desapercibidas para nós. Se é que son un encanto... (:3) XDDD



Bikos, Aru ^^

PD: Se pos "fer coruña" en google sen comillas, sae a miña páxina de primeira :P XDD

Anónimo dijo...

aiss, conste que lin as anteriores tamén, aínda que non comente en todas ehp! xD
e nada, que si, que a xente xa non ve máis alá...pero ao ler isto sentinme ben, porque eu aínda vexo algo do que está mal
nunca o pensara, pero suelo fixarme nas cousas tiradas ou rotas nas rúas e certamente, pasan desapercibidas para moita xente.
e das outras entradas, pois nada, no da confianza toda a razón e na canción, pois iso, que "una canción no es canción hasta que la canta el pueblo" haha
sigo cos suaves ás voltas...xD
bkzos vida