martes, 3 de junio de 2008

Creo que esquezo algo

Tan só era outra vez máis,

outra desas veces que sintes que esqueciches algo,

intentas memorizar unha por unha o que acostumabas a meter nesa maleta,

o trato que tiñas coa xente,

a maneira na que comezabas a falar con elas sen máis,

as verbas surxian de ti sen nin sequera pensalo.

Pero non o lembras,

e non te das conta de porque segue en ti esa sensación de “creo que esquezo algo”,

actuas como de costume, pero algo falla,

antes habia confianza, con ela era todo máis sinxelo,

a maleta estaba completa.

A confianza basase no respeto,

se perdes o respeto enton acabas de matar á mismisima confianza.


Non esqueciches nada, tan solo cambiaches unha cousa por outra,

o respeto polo rencor, así de simple. Pero a confianza non funciona co rencor.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Misa non entender tusa, Aru. Falas en chino para mín XDD

E gracias por facerme caso, ahora podo poñer o meu blog :D XD