lunes, 26 de mayo de 2008

Desafogando..

Escribo aquí porque non o ve ninguen!jajaja! e porque me amarga escribir un diario, a pesar da gracia que me fai logo lelo. A miña válvula de escape son as letras, palabras, frases,..

Non sei, fastidiame bastante decepcionar á xente. E moito máis cando se podia ter evitado, pero agora xa foi, e non hai maneira de recuar.

E que? De que sirve pasar unha ou máis cousas que che parece mal da xente, se cando ti tes un erro ninguen che vai pasar unha.

Onde quedou o "hoxe por ti, e mañá por min". Nada diso, hoxe por min e mañá se cadra tamén por min. E punto. Egoísmo? pois debe ser eso. Pero esto cada vez vai a peor...

E hai cousas que non entendes, que algún día entenderás, entenderei.

Pero entendeme ti a min, botas bágoas por alguen que che importa e non te paras a pensar se ese alguen as botaría por ti.
Choras porque queres chorar, hai cousas na que "as bágoas de crocodilo" non funcionan, non existen, e enton daste conta de que choras de verdade, as bágoas non pensan se teñen que sair ou non, se é o seu momento. Saen e punto. Non as podes parar.

A xente que che importa mídese por bágoas? pois non digo que non. Quitalle un xoguete a un neno e chorará por el ata que llo des. Pero as bágoas dese neno son de rabia, é o seu orgullo por quitarlle o que era seu.
As amizades/personas non son xoguetes. Son xoguetes as accións que te levan a perder á xente.


O que non chora non mama.
Pode ser...



De todos modos, hai algo que non volve, a flecha lanzada, a oportunidade perdida e a palabra dita.




Cal é o sabor das bágoas? salgadas. Por moi doce que sexa a túa intención.




No hay comentarios: