domingo, 13 de abril de 2008

Comezamos..

Xa fai tempo que creei este blog, pero aínda nunca escribira nada. Nunca sabía como comezar, nin que poñer. Sopoño que o normal é facer unha breve introducción.
Pois direi que todo comezou con un soño, non sei moi ben como explicalo. Un día debín soñar que queimaba azucre, ou que o azucre queimaba. Unhas desas noites que tes centos de cousas na cabeza, e soñas a parvada máis grande. Sopoñome que sería algo así, porque cando espertei veuseme á cabeza qué pasaría se se queimase azucre. Sería ver algo moi doce ardendo. Nunha persoa sería algo así como, que detras do máis meloso personaxe, ou do máis ñoño, se escondera unha paixón incontrolable. Todos algún día chegamos a arder non?. Sempre hai algo polo que arder, algo que fai que ata o azucre arda. Creo que todos temos unha parte así.

Comezarei así logo, porque a maioría de todos os proxectos comezan con un soño. Certo é que igual este blog non ten nada que ver cos soños, solo digo que eu son bastante soñadora. E por se aínda non me coñecedes direi que son unha paranoica.


Xa irei poñendo o que se me ocorra, de momento non sei moi ben que trazas levará isto.


Non mancarse.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Aru, cago en tal, ¿cómo non avisas que tes blog? XD Túveno que adivinar vendo as stats da miña página, que alguén entrou na miña páxina desde aquí xD Aínda que ahora que me fixo, telo posto no blog... XD ¡Se avisaras!


En fin, cando teña tempo leo todas as demáis entradas e coméntoche nelas. E bueno, as que saques novas xa as leo pouco a pouco ;) XD



¡Bikos, Aru! ^^

Unknown dijo...

Telo posto no flog, non no blog XD Sería un bucle infinito bastante inútil (como case todos os bucles infinitos coñecidos) XD