O problema é que de escoitar falara a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido, Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Eu escoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escoito que aínda non comprendo como Quilómetro, Enciclopedia ou Empanada de xoubas.
O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña, que ya despertó, ya despertastes, Clara? E eu sei que Clara son eu, mais aínda non sei por que me chama Mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo, está falando coa avoa e di A nena debe de ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? E eu abro moito os ollos, intentando comprender que pasa aquí.
É unha situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de forma de falar. (...)
Este é un fragmento que atopei un día mirando blogs, correspondese cun anaco do libro de Séchu Sende, Made in Galiza
Ben, non vou entrar a debatir sobre política, é tan so unha manía miña. Unha pregunta que me fago sempre cal é a razón pola que a xente cambia de idioma, en distintas situacións pero na mesma comunidade,cidade, vila...
Non entendo o que leva á xente a escribir en castelán, cando saben que a outra persona entende perfectamente o galego, e non creo o de que o galego é a lingua que solo fala o pobo e sexa para distinguir clases sociais, opino que neste momento, entre rapaces de 17 a 25 anos non existe iso.
A túa vida desenvolvela en galego, e sen embargo contala nun fotolog en castelán? non penso que sexa tan nacional ou internacional como para que quen o mire non o entenda. Ou será que o fotolog non entende o galego?...
Non sei, igual son eu a inculta e groseira por falarlle en galego a todo canto coruñés me ven falando en castelán, non me considero así, eles pensarano.
Non entendo porque no msn en castelan e a tua vida en galego.
Ou, como no relato, educar ao teu fillo en castelán.. esa vai ser a súa lingua nai? en realidade el está aprendendo o galego se ti falas en galego no ámbito familiar.
E hoxe por hoxe sorrío cando escoito a un neno de 4 anos falar en galego, e a un pai ensinarlle a falalo.
Eu ríome cando alguen está falando en galego conmigo e, de repente, para falar con outra persona, que entende perfectamente o galego, cambia para o castelán.
Aquí non me refiro a falarlle en castelán á xente que sabes que non entende o galego, por moi absurda que me sinta, eso é a educación para min, é obvio.
Tampouco entendo a maneira de defender un idioma sen falalo, por moito que o sintas no teu corazón...
Hai tantas cousas que un non entende..simplemente porque a raza humana complícase demasiado entre eles, podese considerar rara, ás veces simple...

1 comentario:
bueno, vida mía, ao fin me pasei!
bah, se che digo a verdade xa me pasei onte, pero so me daba a cabeza para ler unha entrada...triste, pero certo! xD
rescepto á primeira entrada, dicirche o que che puxen no flog fai un pouco, que mimá, que soños gastas! e xa non iso, senón a importancia que lles dás! haha
e desta entrada que dicir?! cantas veces temos falado diso! eu tampouco entendo a esa xente e nunca a entenderei, igual que non entendo aos que din: "si, si, yo soy galleguista!"
é en plan...¿?...que te metes don quijote pa flipar con los molinos?
pero é o que hai!
vou a ver se te linkeo no meu, moitos lectores non creo que che veñan por ese link, pero oes, é un aprecio! xD
moitos bicos vida!
Publicar un comentario